Agnosco veteris vestigia flamea: latina lingua et cultura in mea vita

Blog dos alumnos de Latín de 1º de Bacharelato do Colexio Calasanz - PP. Escolapios (A Coruña)

3 oct 2010

DIANA, A DEUSA CAZADORA

Avete discipuli!
Inauguro este blog cunha pequena aportación, unha "latina vestigia" que constitúe un dos primeiros recordos da miña infancia no meu pobo natal, Betanzos. Alí, no medio da praza dos Irmáns García Naveira (máis comunmente coñecida como a "Praza do Campo"), eríxese a figura da gran Diana, deusa romana da castidade e da caza, armada cun arco con frechas e acompañada por un cervo.
Pero... quen foi Diana para os romanos? Con que atributos e calidades a caracterizaron? Que mitos ou lendas protagonizou? Investigade... Agardo a vosa resposta e as vosas "latina vestigia".